No achegamento guiado á web 2.0, os modelos expositivo (poñemos máis aquí) e de práctica instrumental (ampliámolo aquí) son limitados se o que se precisa é abrir e ampliar camiños no deseño, organización, acompañamento e avaliación de tarefas que desenvolvan un conxunto de competencias no estudantado. Cumprirá, entón, abordar labores de planificación e tarefas parellas ás requiridas, con sentido pedagóxico, contextualizadas e graduadas.
Nesta liña, convén considerar ben os enfoques, tempos e posibilidades de adaptación (incluímos consideracións ao respecto aquí). As propostas deben ter en conta, cando menos:
- O para que. O que podemos planificar para facer o / co alumnado con tal(es) tipo(s) de aplicación web. As tarefas dixitais didácticas en relación cos contidos e competencias curriculares.
- O con que. As ferramentas concretas máis axeitadas para a aprendizaxe do alumnado, para elaborarmos nós o que este necesita (indicacións, referencias, modelos...) e para axustar a avaliación.
- O como. Diferentes vías de traballo formativo que supoñan diversos niveis de dificultade (segundo ferramentas, procura de solución a problemas...), con actividades abertas.
3. É preciso, ademais, crear e ofrecer espazos para compartir (ideas, referentes e tamén a posta en práctica dos proxectos), para seguir aprendendo colaborativamente en comunidades virtuais. Para facer realmente efectiva a formación continua.