É mester debullar:

    1. Enfoques.

Vemos dous principais interdependentes e ambos necesarios en distintos momentos formativos.

  • Partir dos tipos de ferramentas e aplicacións dixitais (blogue, podcast...) para profundar nos seus usos no ensino, nos diversos 'para que'.

  • Partir de proxectos abordábeis (interdisciplinares ou de materia) para integrar neles as ferramentas dixitais que se precisen. De feito, a tendencia actual é vincular os cursos de formación en TIC a prioridades educativas (inclusión, innovación curricular...), superando os cursos xenéricos técnico-instrumentais.

    • 2. Tempos.

    É evidente que, igual que cando operamos co alumnado cunha metodoloxía por descubrimento, o tempo que se precisa para preparar unha guía de traballo na rede, á vez que se ten que mellorar (ou iniciar) o emprego de instrumentos clave, non é pequeno, o que condiciona moito a planificación destas modalidades de formación.

      3. Posibilidades de adaptación.

    A diversidade do profesorado neste aspecto é especialmente elevada, polo que unha práctica sinxela para unha persoa pode requirir moito tempo para outra, por máis que se acompañe. Convén, a este respecto, aterse aos estándares de formación en TIC, mais tamén ofrecer propostas diversas en conexión cos obxectivos das distintas etapas educativas. A gradación na exploración das posibilidades das ferramentas, con opcións de transformación e experimentación, debera facilitar a aprendizaxe e tamén a asunción dos novos roles do profesorado, o fomento da autonomía, etc.