Revisamos a narración
Revisar un texto non significa só corrixir algún erro de lingua que se nos coou, senón que vén a ser un proceso que acompaña a escrita e que esixe ver o escrito desde unha perspectiva diferente, a de quen le, para procurar melloralo, facelo máis interesante, máis claro, etc. Deste xeito, haberá seguramente que reescribir, eliminar, desprazar ou engadir fragmentos enteiros. É algo que fan todos os escritores e escritoras.
Sigue, pois, os diferentes pasos desta guía de revisión, fixándote nos exemplos achegados, e traballa a fondo o teu texto.
1. Le toda a narración que escribiches. Enténdese? Consideras que os lectores e lectoras poden comprender os feitos? Se non for así, completa o que falta (a non ser que pretendas só suxerir) e elimina repeticións, desvíos do asunto ou comentarios innecesarios. Fíxate neste exemplo.
----
Audio